Engadir novo comentario

Os produtos ecolóxicos apodéranse de Bueu

Foto do evento

Praza Massó acolleu a sexta edición de EcoBueu, mercado ecolóxico que gaña peso no municipio e que durante todo o día ofreceu numerosos produtos e actividades.
Durante todo o día a vila de Bueu rendeuse ante os produtos ecolóxicos. A nova edición de EcoBueu resultou todo un éxito e, malia as altas temperaturas, reuniu durante todo o día numerosos veciños e visitantes para desfrutar da morea de produtos e actividades que se ofertaban.
Aos produtos ecolóxicos e artesanais sumáronse numerosos obradoiros que se realizaron durante todo o día, como o taller de cestaría, de encaixe ou de velas naturais entre outros. Ademais, diante do edificio doConcello instalouse unha carpa ao mediodía para comer baixo a sombra e gozar dunha gran xornada de domingo.
Pola mañá tamén se realizaron diversas charlas no salón de plenos do Concello, como a realizada polaxefa do Servizo de Explotacións Agrarias, a de produción de mel e cosmética natural ou sobre sidras e doce tradicionais galegos entre outras.
Fonte // Morrazo al Día

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.