Festival de Cine de Vigo

A edición 2015 do Festival de Cine de Vigo celebrarase do 2 ao 7 de xuño con proxeccións de curtametraxes, longametraxes e videoclips no auditorio do Concello e no museo Marco.
 
Este ano, ademáis da sección oficial, proxectaranse filmes portugueses e brasileiros dentro dunha mostra de cine lusófono. Tamén haberá actividades paralelas consistentes, entre outras, en actuacións musicais e teatrais, cine para nenos, e unha clase maxistral impartida por un guioinista profesional.
 
Este é un festival -Festival de Primavera é o seu nome, malia que este ano estivo a piques de chegar ao verán-que vai pola súa cuarta edición e que medra cada ano en canto a presenza de filmes coma de número de espectadores. O obxectivo, segundo dixeron fontes da organización, consiste en consolidalo como cita indispensable do sector cinematográfico na cidade de Vigo. "Cremos que a cidade e os seus habitantes merecen ter un festival de cine", sinalaron. De momento, sigue adiante, mesmo cos históricos problemas de financiamento. Este ano haberá apoio municipal.
 
Na edición 2015 haberá un total de 31 proxeccións: oito vídeos, 18 curtos -cinco da lusofonía- e cinco longametraxes. Serán "O meu amigo Manuel" (33 minutos), "Piscina municipal" (38), "O homem dos multidoes" (95), "Une histoire seule" (65) e "A volta dos nove", dunha hora de duración. Esta última película básase nunha historia real: en 1936 mataran a nove persoas en Baiona e alí apareceran anos despois 9 cruces no chan que ninguén sabía quen as fixera.
 
Fonte: AD

Etiquetas: 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.