Eventos culturais

XI FEIRA DA ILLA

Cartaz do evento

 

O vindeiro domingo 31 de maio terá lugar a décimo primeira Feira da Illa, organizada, como cada ano, pola Asocicacíon Mirarmar Axóuxeres. Como tódolos anos, nesta feira, ofrecénse unha ampla variedade de ofertas lúdicas e culturais ao longo do día, tanto para os pequenos como para maiores. Ademáis, contará con postos de ventas de todo tipo de artesanía, exposicións e talleres en vivo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

11:30 CONFERENCIA : No local do Club de Xubilados “O CULTIVO DE COGUMELOS” A cargo de Miguel Angel Rodriguez, de Micoloxia Salvaterra

Etiquetas: 

O Festival de Cans potenciará o "Espazo do río" e a programación infantil con música e xogos

Este área pegada á zona fluvial da parroquia contará cunha intervención de arquitectura efémera coordinada por Juan Creus

Etiquetas: 

A aldea de Meiro celebra do 27 ao 29 de marzo o XVII Encontro co Millo Corvo

Aldea de Meiro

O programa cobra impulso con respecto aos últimos anos e inclúe máis actividades
A programación do millo corvo aínda non recupera o tradicional "encontro-degustación", pero si que volve tomar impulso cun programa cargado de actividades para o último fin de semana do mes de marzo. A Asociación Cultural Meiro deu onte a coñecer a programación do XVII Encontro co Millo Corvo, que se celebrarán na aldea buenense do 27 ao 29 de marzo, e que inclúe conferencias, talleres demostrativos e actuacións musicais.

Etiquetas: 

A Mostra de Teatro do Ensino xa ten imaxe "Vegetta"

Cartaz gañador

O buenense Alejandro Pazos, gaña o concurso de carteis do certamen A Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo xa quenta motores. Aínda que o certamen está previsto para o mes de abril, onte deuse a coñecer o cartel ganador do concurso, unha obra de Alejandro Pazos que será a imaxe desta mostra de novos talentos saídos das aulas morracenses. O telón da Mostra do Teatro do Ensino Secundario do Morrazo xa está entreabierto.

Etiquetas: 

Presentación da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, convoca a todas as persoas interesadas a asistir este venres, 23 de xaneiro, ás 20:30 horas, á presentación da mesma nunha asemblea aberta que ten por obxecto darse a coñecer e dar a coñecer os seus obxectivos e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Municipal (Multiusos da Xunqueira).

Na reunión tratarase así mesmo sobre a elección do candidato a presentar pola asociación a "Persoeiro do ano 2015".

Etiquetas: 

As Illas Cíes ofrecen unha viaxe no tempo o 14 de febrero

A Xunta estrea as rutas guiadas de inverno con cinco saídas aos catro arquipélagos
 
 
Unha viaxe no tempo é a proposta que ofrece o parque nacional das Illas Atlánticas para o próximo día 14 de febreiro: unha viaxe ás Illas Cíes nas que os visitantes coñecerán aspectos novedosos deste espazo natural.
É a primeira ruta guiada do inverno que organiza a Consellería de Medio Ambiente, pero haberá máis visitas en febreiro e marzo e non só a Cíes senón tamén ao resto dos arquipélagos, a Ons,a Sálvora e a Cortegada.

Etiquetas: 

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato transfondo ecolóxico.

Etiquetas: 

Proxección de "Os camiños esquecidos"

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros invítavos á proxección da curtamentraxe: "Os camiños esquencidos", o vindeiro luns, 2 de xuño de 2014, ás 19:30h. no Forum Metropolitano (Rúa Río Monelos 1., 15006 A Coruña)
Ao remate da proxección terá lugar un coloquio que contará coa presenza de Olga Aguiar (directora do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz) e Cristina de la Torre (directora da curtametraxe).

 

Etiquetas: 

III Edición do Festival Primavera do Cine en Vigo

Xa está a III Edición do Festival Primavera do Cine en Verkami (plataforma de micromecenazgo).

Etiquetas: 

VOLVE A JAM GRAFFITI NO MILLO VERDE!!!

Ábrese o prazo para participar na actividade de día da Jam Graffiti os días 6 e 7 de Xuño en Redondela.
 
Os interesados en participar este ano deberedes enviar unha serie de bocetos o correo: graffitis@milloverde.com.
 
A temática coma sempre ten que estar relacionado co festival ou a vila de Redondela, tratando de inspirarse na ecoloxía. As medidas para realizar o graffiti será un plafón de 2,40 x 2,20
 
Recordade que o prazo de inscripción remata o 25 de Maio de 2014!!!

 

Etiquetas: 

Páxinas

Subscribe to RSS - Eventos culturais